Próximas actividades :
Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, o Día do Libro infantil, o 2 de abril, e o Día do Libro, o 20 de abril, programamos as seguintes actividades:
Día 28 de marzo: Recital poético de Darío Xohán Cabana na biblioteca municipal a partir das 11:30 da mañá. Esta actividade está dirixida a escolares do concello de Moaña
Día 28 de marzo: Recital poético a cargo de Yolanda Castaño, na Casa da Mocidade, a partir das 20:00 horas. Entrada libre
Día 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil: recital poético colectivo, na casa da Mocidade, a partir das 11:30 h. Actividade dirixida a escolares
A Lonxa Literaria ten convocadas dúas tertulias:
O día 11 de abril: Tertulia Literaria Xuvenil. Libro: A sombra descalza (Edicións Xerais de Galicia). Autora invitada: An Alfaya. Casa da Mocidade a partir das 18:00 horas. Entrada libre
O día 18 de abril: Tertulia Literaria: Libro : A casa das belas adormentadas (Rinoceronte Editora). Autor: Yasunari Kawabata. Autor invitado: Mona Imai (tradutora) .Casa de Cultura de Abelende a partir das 21:00 horas. Entrada libre
A partir do 20 de abril: Obradoiro de Creación Literaria. Teléfono información: 986 314250
tertulias xa celebradas:
TERTULIA LITERARIA XUVENIL: 15 de febreiro, a partir das 18:00 horas na Casa da Mocidade, escritor invitadoMarcos S. Calveiro para charlar sobre "O carteiro de Bagdad".
Calveiro ofrécenos este engaiolante relato que resultou gañador do premio estatal Ala Delta. A súa forza literaria mergúllanos nesta ocasión no Bagdad en guerra conseguindo retratar unha dura vida cotiá de supervivencia na que tamén hai lugar para a esperanza a través do valor e da suxestión que agochan as palabras.
TERTULIA LITERARIA (adultos): A sombra descalza, de An Alfaya. Venres 22 de febreiro na Biblioteca Muncipal (Quintela), a partir das 21 horas .
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza.
Tertulias xa celebradas
ANO 2007
14 de decembro 2007, na Casa da Mocidade de Moaña, a partir das 21:00 horas, "Rinocerontes e quimeras" de Marcos S. Calveiro
Devala o século XIX. Os avances da ciencia fan ceifa no presente. Nun vagón de tren arrómbanse sete monstros de feira, sete nenos que antes foron o gran engado do prodixioso circo de Míster B. O empresario, un home feito a si mesmo, mudou eses cativos de- formados por un teatro de autómatas. E abandonou tamén as quimeras desecadas, que xa non abraian ao público. A maquinaria do mundo, como a ruleta do casino, vira sen descanso, e sete nenos, outrora figuras dun cartel de cores, matinan no xeito de saír da vía morta onde as súas vidas esmorecen.
19 de outubro. Autor: Xesús Fraga. Título : A/Z.(Edicións Xerais de Galicia) Na biblioteca de Tirán a partir das 21.00 horas.
“A-Z” de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos emigrantes de Untia, un libro protagonizado por londinienses, sexan accidentais ou vocacionais. Un monllo de relatos, de grande unidade temática, que constitúen “faragullas de lembranzas”, memoria vivificada do traballo dos emigrantes galegos que hai trinta e cinco anos viaxaron a capital británica. Para Xesús Fraga “Londres é unha gran aldea formada por outras máis cativas, non necesariamente coincidentes xeograficamente sobre o plano dun A-Z, na que os galegos son unha máis das moitas tribos que viven ó norte e ó sur do Témese. É unha aldea na que un galego comparte a cociña dun hospital con portugueses e polacos, os veciños da escaleira son colombianos e o home que vive coa amiga da mesma vila e coa que empezou a emigración é paquistaní ou exipcio”.
Así por este fermoso libro pasan os emigrantes que cada tarde de domingo len o seu país nas árbores dos xardíns de Kensington ou comproban o anuncio da primavera na presencia dos estalotes, alí “luvas do raposo”, ou nas festas do globo de papel que organizan ás beiras do Lago de Serpentine. Un libro que desenvolve historias ou acontecementos vividos ou imaxinados sobre o plano, ese A-Z indispensable para guiarse nunha cidade de sete millóns de habitantes. Historias como as de Faustino Caínzos, un emigrante accidental, un carterista que debeu fuxir de Untia por mor dunha vella beata que o descubriu na romaría de San Xoán de Rosa. Traballadras como América que limpa na casa de Sean Connery e que foi a única muller no mundo que lle negou un café ao propio James Bond. Estudiantes que na súa estadía londiniense aprenden a historia do graffiti ou emigrantes maiores que acoden aos locais de apostas a pendurarse do fío do seu futuro.
[presentación editorial]
29 de xuño
Tertulia literaria: Limpeza de sangue de Rubén Ruibal. Organiza: Lonxa Literaria
“Limpeza de sangue (o sangue fai ruído)” de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuizoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.
[Presentación editorial]
Ruibal, Rubén Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) é amo de casa e agricultor a tempo parcial. Tamén foi empregado de biblioteca, entrevistador do INE, vendedor en grandes almacéns, comercial, tradutor… Formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí. En 2000 formou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic, arroz mubi ((2004) e ¡Triumfadores! (2005). Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Roberto Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando en 2005 o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2005 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006). Como actor traballou con Teatro do Aquí, Centro Dramático Galego e Teatro Cachuzo.
4 de maio
"Dz ou O libro do esperma", de Manuel Solleiro (Edicións Xerais de Galicia)
25 de maio
Tertulia literaria xuvenil. Erros e Tánatos. Gonzalo NAVAZA. Na Casa do Mar a partir das 18:00 h. Entrada libre
Tertulia literaria xuvenil:
Proxecto "Pomba Dourada", de Miguel Vázquez Freire. (Vía Láctea), venres 13 na Casa do Mar (Moaña)
"Tres segundos de memoria", de Diego Ameixeiras o 16 de marzo na Bibliteca de Tirán (para adultos)
Tertulia literaria xuvenil, o venres 16 de febreiro de 2007 na Casa do Mar de Moaña:
A canción de Sálvora, de Antón Riveiro Coello
"Herba moura" , de Teresa Moure. Edicións Xerais de Galicia. O venres 26 de xaneiro na librería o Puntillón (Moaña)
“Herba Moura” de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil –nunha perspectiva inédita do filósofo– e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novo contexto
Ano 2006:
TERTULIA LITERARIA (ADULTOS): Manuel Darriba : Accidental. Ed. Galaxia.O día 3 de novembro na casa de cultura de Berducedo
TERTULIA LITERARIA XUVENIL :Manuel Darriba: Velada do billarista. Ed. Sotelo Blanco. O día 3 de novembro na Casa do Mar de Moaña
O día 4 de novembro no IES as Barxas, recital poético a cargo Alfonso Pexegueiro as 10 da noite no IES as Barxas acompañado dos músicos de Berrogueto Quico Comesaña e Anxo Pintos
Tertulia literaria xuvenil. A bisneta Lercha de Paco Martín. Celebrouse na Biblioteca Municipal de Moaña para o programa Libro Aberto da TVG
Daniel Salgado: Días no imperio. Celebrouse o 22 de setembro na Biblioteca Municipal
Tertulia literaria. María do Cebreiro: "O estadio do espello". Edicións Xerais de Galicia, venres, 5 de maio na Biblioteca de Tirán
21 de abril
Tertulia literaria xuvenil. Pepe Carreiro: A noite de Samaín, na Librería O Pontillón
3 de marzo de 2006:
Tertulia literaria xuvenil. Tino Baz :Concerto sobre textos musicados da literatura galega. No Centro Sociocultural Daniel Castelao (Quintela-Moaña) a partir das 18:00 horas
3 de marzo de 2006:
Tertulia literaria: O lago das garzas azuis, de Alfonso Pexegueiro na Biblioteca de Domaio

20 de xaneiro de 2006 na Casa do Mar de Moaña ás 18:00 h.
"Unha branca de cobre para Martiño"
presentación do libro "Unha branca de cobre para Martiño", de Ramón Carredano Cobas. Esta novela de aventuras ambientada na época das grandes exploracións foi merecedora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2005. A esta tertulia xuvenil, que contará coa presencia do autor, poden asistir libremente todos os xoves que o desexen [ ]
20 de xaneiro na Casa de Cultura de Abelendo
"Os xenerais de África"
O próximo venres 20 de xaneiro na Casa de Cultura de Abelendo a partir das 9 da noite celebrarase un novo encontro literario. Nesta ocasión o convidado será Vítor Vaqueiro co libro de relatos "Os xenerais de África" publicado por Galaxia . A entrada e participación neste acto é libre.
ano 2005
4 de novembro ás 21:00 horas na Biblioteca Pública de Moaña (Quintela)
"Follas do bacallao" de Xavier Paz
Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, actualmente é investigador (biólogo pesqueiro) no Centro Costeiro de Vigo (IEO). Foi colaborador do Suplemento da Artes e das Letras no Faro de Vigo nos anos oitenta e, mais recentemente, das revistas Sobremesa e Viajes, de National Geographic, así como da revista galega de pensamento crítico Inzar Razóns. Publicou o poemario Sedimentos (2001). Proximamente sacará á luz outro libro de poemas: No Canto do Mar. Mantén inéditos os poemarios Filoxenia do Sangue e Materia de Lucrecio. Follas do bacallao (Xerais 2005) é a súa primeira entrega narrativa
11 de novembro ás 17:30 h. na Casa do Mar de Moaña, Tertulia Literaria Xuvenil
"Un bosque cheo de faias", de Francisco Castro
Nacín en Vigo en 1966. Na actualidade traballo na xestión cultural e na comunicación. Son director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova. No ano 1991 publiquei Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán. Polo de hoxe, os meus dous últimos libros son a novela Xeración perdida (2004) e o libro para mozos Un bosque cheo de faias (2004). No ano 1999 fun Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela" e no 2002 obtiven "O Facho" de poesía.
24 de xuño ás 21 na Biblioteca Pública de Tirán

O venres 24 de xuño ás 21 h. na Biblioteca Pública de Tirán a novela "Xeración Perdida" (Galaxia) , de Francisco Castro
O venres día 20 de maio na Casa do Mar de Moaña, comentamos a novela "O espírito de Broustenac" de Alfonso Álvarez Cáccamo

O 27 de maio ás 18:00 h., tivo lugar, na Casa do Mar de Moaña, unha nova Tertulia Literaria Xuvenil. Nesta ocasión o escritor convidado foi Agustín Fernández Paz, coa obra "Tres pasos polo misterio" publicada por Edicións Xerais de Galicia

22 de abril Tertulia literaria xuvenil, o convidado foi Xosé Antonio Neira Cruz, recomendamos as súa obras: "O armiño dorme" (Galaxia) e "Os ollos do tangaleirón . O acto tivo lugar na Casa do Mar de Moaña.
O día 1 de abril celebrouse. na Biblioteca Pública de Moaña (Quintela) a tertulia sobre o libro de poemas "Eclipse" (Espiral Maior Poesía) de Xavier Rodríguez Baixeras
O 11 de febreiro de 2005 tivo lugar unha nova tertulia literaria xuvenil. Nesta ocasión o convidado foi Fran Alonso, autor da obra "O brillo dos elefantes" .

O día 18 de febreiro na Biblioteca Pública de Domaio comentouse o libro de poemas "O lume branco" (Espiral Maior Poesía) de Xosé María Álvarez Cáccamo

ANO 2004
O Venres 10 de decembro de 2004 na Librería O Pontillón (Moaña), celebrouse unha tertulia sobre"A origem certa do farol de Alexandría" de Joao Guisam Seixas

AUTO-ORTOGRAFIA (TEXTO QUE ACOMPANHA A EDIÇOM DE "TEATRO PARA SE COMER")
Baptizado como Juan Carlos (A Corunha, 1957), recebe ao se iniciar, de mui novo, no teatro galego (grupos "O Facho", "Teatro Circo") o nome de Xohán. Membro fundador, sem h, da Escola Dramática Galega, e com J da Associaçom Galega da Língua, dá-se a conhecer, porém, como Xan no campo da literatura, ao obter em 1977 o prémio de narrativa do "Pedrón de Ouro". Como tal publica Número de Patente. Mais tarde, ao dar a lume Origem Certa do Farol de Alexandria aparece na 1ª Ed. Xoán, na 2ª Joám e na 3ª, e até hoje, João, assinando assim a obra Um Cenário Chamado Frederico. Recebeu 6 prémios literários com X e 0 com J*. E ainda, num recente, e subsidiado, dicionário de autores, toda a sua obra aparece atribuída a um tal Rodríguez. O barbeiro da sua rua, de pequeno, foi, infelizmente, o único que o tratou alguma vez de Carlos, e muitas de Carlitos. Ainda que o autor agora pensa que esse era o nome do cabelo que cortava.
Venres 1 de outubro de 2004 na Biblioteca de Tirán falamos do Diário comboio de Raquel Miragaia publicado pola editorial Laiovento

A autora fala de sí:
Nascim em Tardade, uma pequena aldeia na Terra Chá. Lá passei toda a infância e a adolescência, até que fui a Santiago de Compostela. Desde os 17 morei em Compostela, umas vezes em corpo e alma e outras vezes só em alma. Essa cidade (cidade?) marcou boa parte da minha vida, quer por questons pessoais, quer por questons sociais. Lá, estudei Filologia Galego-Portuguesa e Filologia Hispánica, em contra de qualquer critério prático. Ao acabar os meus estudos universitários, tivem a imensa sorte de começar a trabalhar na docência, profissom que sempre me pareceu atractiva. Escrevo quase desde que tenho consciência, no entanto, nunca tivem a sensaçom de fazê-lo com critérios de "profissionalidade" até a escritura da minha primeira obra Diário Comboio, obra de narrativa que, até agora, é a única.
Información extraída da web Biblioteca Virtual Galega
18 de xuño de 2004 as 21:00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Moaña (Quintela, s/nº. Moaña).
Sechu Sende, a obra titulada "Orixe", publicada na colección "Literaria" de Galaxia.
A novela gañadora do Blanco Amor 2003, premio organizado polo Concello do Grove, é unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais do ser humano. “Orixe” cóntanos como Mario Negro, que padece dunha vertixe brutal que lle impide abrir os ollos, accede ao mundo imaxinativo de Laura Lobo, a súa enfermeira de noite. O poder liberador da imaxinación, a enerxía do amor e a súa capacidade para facer superar a soidade son as forzas que a enfermeira pon en xogo para rescatar a Mario Negro do profundo desánimo no que se afunde . Séchu Sende logra activar o elemento creativo de cada lector ou lectora cun mecanismo narrativo accesible e anovador. Acción e carga emocional forman parte de Orixe, unha novela que desde a situación inicial focalizada nun individuo acaba por abranguer o abano completo dunha nación sometida á dictadura. Dous son os protagonistas que centran a historia, a eles súmanselles múltiples personaxes que articulan diversos relatos e acrecentan o engado da obra.
28 de maio de 2004 Tertulia literaria xuvenil: "Lúas de nácara" de Fina Casalderrey
O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo? Lúas de nácara, o último libro de Fina Casalderrey dentro da colección Fóra de Xogo, son cinco relatos unidos todos eles por estar feitos coa materia dos soños, do amor e da soidade , ambientados nesas horas de nácara en que as sombras cobran luz. Un libro para os lectores e lectoras que se atreven a sorprenderse e emocionarse.