![]()
|
A Lonxa Literaria é unha asociación cultural constituída en Moaña en Abril do 2003 coa finalidade de promover o contacto do mundo da literatura, en particular a galega, con outros de ámbito sociocultural. É dicir, promover e divulgar o coñecemento da nosa literatura e da nosa lingua, fomentar a lectura e a escritura de obras literarias así como o intercambio literario e, como non, colaborar con calquera agrupación ou entidade que desenvolva actividades do mesmo carácter. Entre as actividades que levamos a cabo destacan a realización de tertulias literarias, a organización de conferencias de escritores, recitais, obradoiros de creación, concursos e un longo etcétera. Actividades todas elas nas que estás convidado a participar. Sobre todo isto atoparás información actualizada nesta web que esperamos ter rematada nos vindeiros días. |